Programa de actos a prol do nomeamento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade
Escrito por Xoteño en CoruñaMañá mércores, no Obelisco, Javier Losada e máis Henrique Tello, repartirán bandeiras, pins e demáis “merchandaisiño”
de apoio á Torre de Hércules. Será contra as 11 da mañá.
Ademáis, haberá varios puntos de reparto das bandeiras, entre eles, os Centros Cívicos da cidade. Non teño confirmación, pero seguro que o noso tamén disporá delas axiña.
Déixovos eiquí tamén o programa de actos previstos ata o seguro nomeamento do vindeiro día 27 de Xuño:
Sábado 13 de xuño na Torre de Hércules, onde se celebrará unha festa infantil con horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, na que haberá obradoiros, inchables, xogos, trikers, rocódromo, tirolina e xadrez simultáneo.
O domingo 14, de 10.00 a 14.00 horas, terá lugar nos Xardíns de Méndez Núñez a Primeira Xornada de Deporte Feminino na Rúa que se celebra na Coruña, organizada polas Concellerías de Igualdade e Deportes.
O mércores 16 ás 19.00 horas sairá da praza de María Pita a Marcha Cívica até a Torre de Hércules, organizada polo Instituto Torre de Hércules e o Concello da Coruña. Henrique Tello invitou a toda a cidadanía a participar nesta marcha, e tamén na Festa da Luz que se celebrará o sábado 20, a partires das 19.00 horas, na Torre de Hércules. Será ‘unha festa coruñesa e galega de toda a vida’, adiantou Tello, na que non faltará a orquestra, a animación e o polbo á feira. (Roxegar nos informa, será a orquesta PHILADELPHIA)
O domingo 21 celebrarase unha Media Maratón de apoio á candidatura da Torre con saída ás 11.00 horas dos Cantóns, organizada pola Concellería de Deportes e a Federación Galega de Atletismo.
Finalmente, o colofón a estes actos será a retransmisión en directo o sábado 27 de xuño desde Sevilla da resolución do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco, para o que se instalará unha pantalla xigante na Praza de María Pita.
Fonte: BNG Coruña
Si te interesó este artículo, deberías leer estos:
- ¿Quieres tu camiseta de apoyo a la Torre de Hércules? Tienes hasta el domingo
- Primicia: La Torre de Hércules ya habría sido elegida Patrimonio de la Humanidad
- ¡Hola 2.010!
- Sorteamos, en exclusiva, dos camisetas de apoyo a la Torre de Hércules
- Grupo de Facebook de apoyo a la Torre de Hércules como Patrimonio de la Humanidad







Entradas (RSS)
Podían regalar y enviar una camiseta para cada vecino en la ciudad,bien que en las elecciones nos llenan de papeles en los buzones,Sr Tello me manda una camiseta de ésas?Yo en las próximas le voto fijo…jejejeje
EDP, estoy negociando la posibilidad de que nos cedan algunas de esas camisetas para sortearlas de algún modo entre los usuarios del blog. Mañana le preguntarán a Tello, aunque la cosa no pinta bien, porque esas camisetas son para los voluntarios que van a repartir las banderas que pondremos en las casas y según parece, han hecho muy pocas. Os mantendré informado de lo que me digan.
Gracias Xoteño
Yo pongo bandera si hay camisetas. El espacio publicitario de mi balcón bien vale los 4 duros que cuestan las Tshirts, no?
A orquestra do día 20 é a PHILADELPHIA. Saúdos
Las banderas tendrían que haberlas repartido antes y ahora estaría toda la ciudad empapelada. Al final repartirán cuatro y a última hora.
Grazas Roxegar, engádoo agora mesmo.
Roxegar, ¿y entonces el queso de donde es? ….juajuajua.
Iosoms, que chiste máis malo!!!! jajajaja.
O que me chama a atención é que a orquestra PHILADELPHIA é pontevedresa, será que non hai orquestras coruñesas!!!! Pero vaia, a PHILA é unha boa orquestra que toca para todos os públicos. A festa está asegurada. Saúdos