A Xunta de Galicia fai público un comunicado informando da campaña de vacinación que comeza mañá. Contrafago e adoso:

“Máis de 230.000 doses xa están distribuídas nos preto de mil puntos de vacinación galegos Sanidade destaca que a vacina contra a gripe A é totalmente segura, e que as campañas de vacinación son unha das medidas máis eficaces para reducir a difusión da enfermidade e diminuír o número de casos graves.
En Galicia a maioría dos casos de gripe A(H1N1) están a amosar un cadro clínico leve, polo que non requiren máis tratamento que o habitual ante unha gripe estacional: repouso, antitérmicos e unha boa hidratación.Santiago, 15 de novembro de 2009.- A Consellería de Sanidade inicia mañá a vacinación contra a gripe A(H1N1) e insiste na importancia de que a poboación obxectivo se vacine, pois a eles está dirixida especificamente a campaña que se inicia este luns. Nos preto de mil puntos de vacinación galegos xa están distribuídas as 262.000 doses de vacinas, cifra que se ampliará nas próximas semanas ata un total de 632.000 doses. A Consellería de Sanidade continúa pendente de recibir nos vindeiros días, por parte do Ministerio de Sanidade e Política Social, as doses para as embarazadas ás que se lles irá informando de cando e como acodir proceder á vacinación.

Os centros de saúde e consultorios de Atención Primaria pública de todas as provincias galegas son os principais puntos de vacinación na nosa comunidade. A estes centros se engadirán os centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privados; as residencias e centros para a terceira idade; e os centros de atención a discapacitados.

Todas as persoas obxectivo deberán vacinarse aínda que xa foran vacinadas fronte á gripe estacional. Para facelo, ao igual que na campaña da gripe estacional, deberán acudir ao seu centro sanitario habitual onde se lles facilitará toda a información que precisen para proceder á vacinación.

Os grupos obxectivo para recibira vacina d agripe A -que foron consensuados no seo do Consello Interterritorial de Saúde-, son os traballadores de centros sanitarios, de residencias da terceira idade e de centros de atención a enfermos crónicos; outro persoal sanitario (forenses, odontólogos, hixienistas dentais, persoal de oficinas de farmacia e de almacéns de distribución de fármacos e veterinarios de explotacións gandeiras); traballadores de servizos públicos esenciais (corpos de seguridade, bombeiros, protección civil, servizos de emerxencias sanitarias e de atención ao refuxiado e inmigrante); e mulleres embarazadas.

Tamén son poboación obxectivo as persoas de máis de seis meses de idade con doenzas crónicas, como cardiovasculares; respiratorias crónicas; diabetes a tratamento; insuficiencia renal moderada ou grave; hemoglobinopatías e anemias moderadas ou graves; asplenia; doenzas hepáticas crónicas avanzadas; enfermidades neuromusculares graves; pacientes con inmunosupresión; obesidade mórbida; e menores de idade que reciban tratamento prolongado con ácido acetilsalicílico.

A administración sanitaria afirma que as campañas de vacinación son unha das medidas máis eficaces coas que conta a administración sanitaria para reducir a difusión da enfermidade; diminuír o número de casos graves; reducir a posibilidade de transmisión de gripe por sanitarios aos pacientes de risco; e asegurar e garantir que se prestan os servizos sanitarios e esenciais á comunidade. Así mesmo, a Consellería de Sanidade lembra que as vacinas da gripe A teñen a mesma composición e seguridade que as da gripe estacional e foron elaboradas baixo os mesmos controis. Son vacinas seguras, eficaces e contrastadas.

Casos maioritariamente leves
En Galicia, a inmensa maioría dos casos de gripe A(H1N1) amosan un cadro clínico leve, polo que non requiren máis tratamento que o habitual ante unha gripe estacional: repouso, antitérmicos ou antipiréticos e unha boa hidratación. A presenza de síntomas gripais non necesariamente implica ter que acudir ao médico.

Sanidade lembra tamén que o sistema de consultas a través das liñas de teléfono 902 400 116 e 981 953 400 está sendo un instrumento moi eficaz de atención para toda a poboación. A través deles, os cidadáns acceden a información que precisan sobre o seu caso concreto sen acudir ao médico, o que resulta máis rápido e cómodo pois son atendidos por un equipo de profesionais sanitarios especialmente formados para ofrecer información completa de todos os aspectos relacionados coa gripe e que emiten informacións e recomendacións útiles para os cidadáns. Só de ser necesario se deriva ao paciente a unha cita en Atención Primaria e, se se observa algún tipo de factor de risco ou de alerta, a chamada se traslada ao 061, que mobilizará os recursos de urxencias precisos.

Si te interesó este artículo, deberías leer estos:

Deja una Respuesta

Al publicar el comentario, estoy aceptando las condiciones de participación.