A crise económica e o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego Galicia Hoxe.

16 Respuestas a “Seica sin subvención non hai galego”
  1.   504 akiestoiyo dice:

    nin galego nin castelán,que os restantes diarios:la voz,la opinión,xornal,correo,faro,etc…. viven das subvencions e a publicidade institucional.
    as cifras de ventas inflanse coas suscripcions dos organismos públicos e as páxinas de publicidade están copadas de publicidade da xunta,concellos,diputacions,consellerias,consorcios,…..

  2. Tal vez axude que os maiores de corenta anos a única lingua que puideron aprender na escola fose o castelán.

  3. Matapollos dice:

    O chocolate do papagaio…

  4. Incrédulo dice:

    Quítalle a subvención ao Grupo Voz e a ver si non corre o mesmo camiño. Non é bó que pechen os xornais en galego, como non é bó que pechen os que editan en castelán.

  5. Pois sen os millón que recibe a Voz cada ano, digo eu que tamén pecharía

  6. Xoteño, os meus pais son galego-falantes pero cóstalles ler en galego porque aprenderon a ler en castelán. O meu fillo é castelán-falante e non ten problema ningún en ler en galego porque aprendeu a ler en galego. (E tamén en castelán, obviamente).

  7.   421 Kuvi dice:

    Más que el idioma, el problema del Galicia Hoxe es que se alejó demasiado de su diario hermano en castellano, El Correo Gallego. GH es un periódico con una tendencia política muy marcada, se basa en artículos de opinión y temas muy alejados de lo cotidiano. Con esa temática, está claro que sus ventas son bajísimas, y al quitarle la subvención, pues tendrá que cerrar.

  8. Matapollos dice:

    Ao mellor terían que empezar por quitarlle as subvencións aos peixes máis gordos… de xeito progresivo. Primeiro quitarlle aos que máis teñen e despois ata onde se poida.

    Aínda cá min dame que isto non vai ser así nin de casualidade. O mundo ao revés, xa se sabe… a cadelo fraco todo son pulgas, co conto da crise sempre pagan os máis febles…

  9. Teresa S. dice:

    Eu teño unha dúbida, ao mellor algún de vós pode sacarme dela…non foi éste o xornal que naceu cando o IGI e Diaz Pardo querían sacar un xornal? Por certo, canto diñeiro leva en subvencións, en dos anos, o grupo Voz?. Canto foron… preto de 2 millóns? Canto de ese diñeiro é para a publicación en galego? Ai, ai , ai, ésto de Sondaxe e Anova e os contratos sen publicidade……… Que bós que son tanto a Voz coma Correo gallego. Non hai mellor cousa que escribir aquelo de …yo protesto, lembro que o primeiro que eu lin foi aquel na contra da chegada de La Opinión. Non fai un …”yo protesto” agora ou xa lle chega cos máis de 285.000 e. dos últimos meses. E para algúns que ésto sexa cuestión de lingua…………….

  10. Anónimo dice:

    El Ideal Gallego debeu recibir mais ou menos as mesmas subvencións, e con dificultades, segue adiante. GH pechou porque non o lía nin o Tato, era un bluf, un chiringuito mais. La Voz ou o Faro, con e sen subvencións serían igual de lidos, a xente publicaría alí as esquelas, etc. O demais é un xeito como outro calquera de enarbolar o discurso vitimista que tanto mola para non facer autocrítica.

    Se dos 270.000 votantes que tivo o nacionalismo nas últimas eleccións o mercase so o 50% GH tería unha vida saudable, e pecha como pecharon A nosa terra, Vieiros, Galiza nación e demais por algo tan sinxelo como que a xente non os quere, nin os votantes da súa ideoloxía, que xa é dicer.

  11. Matapollos dice:

    Entón… Anónimo 12 …Para qué lle dan subvencións ao Galicia Hoxe se é que non o le ninguén?

    …Para qué lle dan subvencións a La Voz e a El Faro se é que xa se venden tan ben? (con ou sen subvencións).

    Quen leva os beneficios? …claro, claro estes cartos non se reparten cando hai ganancias aínda que os pagamos todos…
    Xa está ben de dar subvencións as empresas privadas!!!

  12. Anónimo dice:

    Matapollós, paréceme evidente que as subvencións (ben sexa directas ou a traverso de publicidade) aos medios de comunición constitúen un xeito de controlar a opinión publicada. Coincido en que teñen que desaparecer, pero para non provocar efectos adversos nos traballadores e nas empresas, tamén me parece razoable que a reducción sexa paulatina até rematar con elas.

  13. Teresa S. dice:

    Reducción paulatina? Pois vai ollando as do ano 2009 (tamén podes ver o 2008) http://feijoomente.blogaliza.org/?p=646

  14. Anónimo dice:

    Quítale la subvención a la Voz de Feijó y verás que pronto cierra.

  15. la voz de feijo, muy bueno eso. que compro el periodico desde que esta en el poder?? esto es igual a la línea de ave que quitaron estos días, iban 12 personas, y costaba el tren 18.000 euros al día.
    Ese periódico no lo debía leer ni el tato… La voz esta en todos lados, supongo que tendra sus lectores y es uno de los periodicos fuertes.

  16. Ventorrillo dice:

    Yo apoyo una subvención al Blog de Los Rosales, por informar puntualmente de lo que se cuece por estos lares.
    GALICIA HOY se quedó sin subvención, ¡vaia por Deus!

  • ---

Creative Commons License